Corpus Christi
O Corpus Christi (en latín Corpo de Cristo) é unha festa da Igrexa Católica destinada a celebrar a Eucaristía.
A súa principal finalidade é proclamar e aumentar a fe da Igrexa na presenza de Xesús Cristo no Santísimo Sacramento. A celebración lévase a cabo o seguinte xoves ao oitavo domingo despois do Domingo de Resurrección (é dicir, 60 días despois dese día; formalmente é o xoves que segue ao noveno domingo seguinte á primeira lúa chea de primavera do hemisferio norte). Nalgúns lugares a festa trasládase ao domingo seguinte para adaptarse ao calendario laboral.
En moitos lugares é unha festa de especial relevancia e en varios países é un día festivo oficial (certas partes de España, Austria, partes de Alemaña e Suíza, Brasil, República Dominicana, Bolivia, Croacia, Polonia, Trinidad e Tobago, Portugal, Perú e Venezuela).
Celebracións en España
[editar | editar a fonte]Cabe destacar as de Toledo, Lagartera (Toledo), Laguna de Negrillos (León), La Orotava (Tenerife), La Puebla del Río (Sevilla), Sevilla, Tarragona ou Valencia.
Celebracións en Galicia
[editar | editar a fonte]Corpus Christi en Ponteareas
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Corpus Christi de Ponteareas.
A localidade de Ponteareas celebra na fin de semana seguinte ao xoves de Corpus Christi as súas festas máis representativas. Na noite do sábado para o domingo, os veciños da localidade confeccionan alfombras florais con motivos relixiosos relativos ao día de Corpus Christi, adornados con motivos xeométricos. A confección de devanditas alfombras realízase con distintos tipos de flores e materiais, preparados durante os días previos á festividade polos veciños.
As alfombras permanecen intactas na súa confección ata a procesión do domingo, que percorre todas as rúas decoradas con esta arte. En 1980 foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional, e en 2009 recibiu o recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional.
Corpus Christi en Ares
[editar | editar a fonte]As alfombras florais do Corpus Christi de Ares están recoñecidas como festas de interese turístico galego.